VIAXES

Hai viaxes que non precisan maletas. Abonda un recordo para volver percorrer un camiño, escoitar unha voz ou deterse diante dunha casa que o tempo xa transformou, pero que segue intacta na memoria. Dende Madrid, onde vivo, volvo unha e outra vez a Bertamiráns, no Val da Maía, e a Vedra, no Val do Ulla. Alí quedaron os meus primeiros pasos, os longos veráns da miña infancia, a adolescencia, a mocidade e a aprendizaxe dunha maneira de vivir que nunca me abandonou. Este texto quere ser unha homenaxe a esa Galicia próxima e entrañable: ás súas xentes, aos seus costumes, ás súas paisaxes e a esas pequenas historias que poucas veces aparecen nos libros, pero que permanecen para sempre no corazón de quen as viviu. Non escribo para botar de menos o pasado, senón para mantelo vivo. Porque mentres alguén lembre un camiño, unha festa, unha conversa xunto á lareira ou o nome dun veciño, ese mundo seguirá existindo. Se algunha destas palabras consegue espertar tamén os teus recordos, entón esta viaxe terá merecido a pena. maiztogores@gmail.com

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *